1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Contratación.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4) Teléfono: 881 54 27 87.
5) Telefax: 881 54 27 62.
6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 28.10.2013.
d) Número de expediente: AB-SER1-13-056.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizo de evolución das aplicacións troncais de tarxeta sanitaria.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Prazo de execución/entrega: dous (2) anos desde a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 72212000-4.
3. Tramitación, procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:
|
Concepto |
Puntos |
|
Criterios non valorables de forma automática (sobre B) |
0-50 |
|
Plan de evolución do sistema |
0-30 |
|
Metodoloxía de traballo e plan de participación de recursos |
0-20 |
|
Criterios valorables de forma automática (sobre C) |
0-50 |
|
Oferta económica |
0-40 |
|
Parámetros do servizo |
0-10 |
4. Valor estimado do contrato: 558.000,00 euros.
5. Orzamentos base de licitación:
a) Importe neto: 558.000,00 euros. Importe total: 675.180,00 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 e categoría b.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase cláusula 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 28.10.2013.
Se o último día do prazo de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro (4) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si; serán por conta do/dos adxudicatario/s.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20.9.2013.
12. Outras informacións: cofinanciado con fondos Feder, Fondo Tecnolóxico 2007-2013.
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2013
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos

