Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 10 de outubro de 2013 Páx. 40381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de vixilancia e seguridade do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia da praza de Mazarelos, 15, Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 6 de setembro de 2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación do servizo para a vixilancia e seguridade do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia da praza de Mazarelos, nº 15, Santiago de Compostela.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: 41.652,89 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 5 de setembro de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 17 de setembro de 2013.

c) Adxudicataria: Vigilancia Integrada, S.A.

d) Importe de adxudicación: 39.176,64 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia