Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 10 de outubro de 2013 Páx. 40400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 16 de setembro de 2013 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de predios expropiados (expediente 2011001442 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01089, ramal APA posición I-015 Betanzos-Miño, addenda nº 1 e as súas instalacións auxiliares. TM Abegondo, Betanzos, Paderne e Miño.

Concello: Betanzos.

Provincia: A Coruña.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial da Coruña.

Beneficiario: Gas Natural, S.A.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data do acto que se notifica

Nº de expediente

Predio

Prezo

xusto (€)

Teresita Corral Bernabé

Carmen Brea Calvo

José, Carlos e Fernando Romay Vázquez

José, Carlos e Fernando Romay Vázquez

Julio Veiga Sánchez

María Manuela Charlon Calviño, José Manuel e Antonio Sánchez Charlon

Pilar Balado Chas

María Manuela Charlon Calviño, José Manuel e Antonio Sánchez Charlon

Pilar Barral Gómez e outros

Antonia Fernández Beade

16.5.2013

16.5.2013

16.5.2013

16.5.2013

16.5.2013

16.5.2013

16.5.2013

16.5.2013

16.5.2013

16.5.2013

2011001442

2011001445

2011001457

2011001466

2011001471

2011001480

2011001493

2011001506

2011001509

2011001511

C-BE-103

C-BE-106

C-BE-120

C-BE-131

C-BE-14

C-BE-2

C-BE-50

C-BE-8

C-BE-82

C-BE-84

410,22

581,67

1.547,23

252,11

422,23

558,69

173,60

6.592,37

619,10

125,07