Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 11 de outubro de 2013 Páx. 40517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 1 de outubro de 2013 pola que se notifica resolución de expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada por Resolución do 7 de outubro de 2011 a Racionalizacion de Servicios Navales, S.L. con destino á ocupación e explotación das instalacións e dos terreos para a varada, reparación e mantemento de embarcacións no porto de Tragove (Cambados).

Previa a tramitación do procedemento no que se outorga audiencia ao concesionario, non constando a formulación de oposición e tras a emisión de proposta polo instrutor designado para o efecto, con data do 20 de setembro de 2013, o presidente de Portos de Galicia, de acordo coas competencias conferidas polo artigo 4 da Orde do 30 de marzo de 2012 da Consellería do Medio Rural e do Mar, resolve declarar a caducidade da concesión administrativa de referencia, o que determina a extinción anticipada da concesión, a reversión da superficie ocupada e das instalacións ao dominio público portuario e a incautación da totalidade das garantías que, se é o caso, se houbesen constituído para responder da explotación, e/ou construción da concesión.

Intentada a notificación da resolución no enderezo que consta no expediente sito na Travesía da Coruña, número 4, oficina 8, de Vigo, provincia de Pontevedra, a través do servizo de Correos, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Vigo á mercantil Racionalización de Servicios Navales, S.L. (Rasernaval), a presente resolución que decreta a caducidade da concesión administrativa de referencia.

A concesión administrativa caduca polo incumprimento das condicións xerais 8ª, 9ª, 17ª e particular 4ª, e pola concorrencia das causas imperativas de caducidade recollidas na condición xeral 45ª, letras a) e b), que establecen como causas imperativas de caducidade os seguintes incumprimentos:

a) Non iniciación, paralización ou non terminación das obras por causas non xustificadas durante o prazo que se fixe nas condicións do título.

b) Falta de pagamento dunha liquidación por calquera das taxas xiradas por Portos de Galicia durante un prazo de doce meses.

Para o seu exame, o expediente completo atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ao da súa recepción perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, ou recurso potestativo de reposición perante esta Presidencia de Portos de Galicia no prazo dun mes contado desde a mesma data.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia