De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a seguir se cita a resolución do recurso de alzada RA/VI/2012/00244, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.
Segundo establece o artigo 61 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña.
Fáiselle saber que contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, se pode interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, de conformidade cos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Reclamante: María Lidia Martínez Barbeitos; expediente: RA/VI/2012/00244; tipo de resolución: desestimatoria.
E para que conste e sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2013
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

