María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou resolución con data do 17 de setembro de 2013 dirixida a Instalaciones y Mantenimientos Bergondo, S.L. Pódese interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.
E para que lle sirva de notificación en forma a Instalaciones y Mantenimientos Bergondo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 17 de setembro de 2013
A secretaria xudicial

