III. Outras disposicións
Consellería do Medio Rural e do Mar
CORRECCIÓN de erros. Orde do 20 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007/2013, e se convocan para o ano 2013.
Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 186, do 30 de setembro de 2013, cómpre efectuar as seguintes correccións:
Publicar a seguir do texto da orde, os seguintes anexos III, IV, V e VI que non se publicaron co texto da orde.