Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade ANI-PO-0008/2013-V.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992. Transcorrido este prazo sen terse presentado o devandito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2013

P.S. (Disposición adicional primeira do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro;
Diario Oficial de Galicia número 16, do 24 de xaneiro)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente nº: ANI-PO-0008/2013-V.

Interesado: Antonio Losada Bermúdez.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Derradeiro enderezo coñecido: Ribe, nº 16, 1º, Guillarei (San Mamede), 36720 Tui (Pontevedra).