O artigo 13.2 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica, establece que aos avais concedidos polo Igape se lles dará publicidade no Diario Oficial de Galicia.
En virtude do exposto anteriormente,
RESOLVO:
Único. Darlles publicidade aos avais concedidos polo Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape):
Empresa |
Data de concesión |
Euros |
Editorial Compostela, S.A. |
30.4.2013 |
1.200.000,00 |
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2013
Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica