O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolución pola que se aproba a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia dos/as interesados/as que se indican no anexo.
Logo de tentar a notificación das citadas resolucións a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo/a interesado/a para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo por «descoñecido/a».
Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio notifícalles ao/á interesado/a que se indican no anexo a resolución antes referida.
O/a interesado/a pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer o/a interesado/a, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o/a interesado/a compareza, un recurso de alzada, ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, conforme as previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE número 16, do 19 de xaneiro, e BOE número 30, do 4 de febreiro).
A Estrada, 14 de outubro de 2013
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Solicitante: Jonathan Quintas García.
Acto notificado: aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Solicitante: Samia Zahidi.
Acto notificado: aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.