Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 22 de outubro de 2013 Páx. 41670

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2013 pola que se dá publicidade aos acordos do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica de creación, modificación e supresión de ficheiros con datos de carácter persoal.

O Igape, de acordo co seu compromiso continuo de cumprir a lexislación vixente, máis aínda cando afectan dereitos e liberdades fundamentais, foi inscribindo e modificando ficheiros de carácter persoal, adaptándoos á realidade da institución, declarando as finalidades que xustificaban os tratamentos de datos e dando cobertura aos colectivos de afectados titulares dos datos de carácter persoal. Algúns cambios na normativa de referencia, outros cambios na estrutura organizativa do instituto e a reorganización da información xa existente, fan necesario proceder coa tramitación de novos ficheiros, a modificación doutros e a cancelación daqueles que deixaron de cumprir a finalidade pola que foron declarados.

Ao abeiro do artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e do título V do seu regulamento aprobado mediante o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, no que se refire á creación, modificación o supresión de ficheiros das administracións públicas, especifícase que só se poderá facer mediante a disposición xeral correspondente.

Para tales efectos, o Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), nas súas xuntanzas do 22 de xullo de 2013 e 24 de setembro de 2013, acordou as seguintes accións relativas aos ficheiros de datos de carácter persoal:

Primeiro. Tramitar a inscrición e alta dos seguintes ficheiros:

– Actividades Igape.

– Rexistro.

– Contratación.

– Formación.

– Mentores.

– Axentes de promoción económica.

Segundo. Proceder á modificación dos seguintes ficheiros:

– Beneficiarios-terceiros.

– Persoal.

– Control de visitas.

– Actividades Igape-promoción.

Terceiro. Cancelar os seguintes ficheiros:

– Entidades colaboradoras-provedores.

– Solo industrial.

– Citas.

– Fondo de acción social.

– Histórico de expedientes.

– Banco de ideas.

Cuarto. O Igape, dentro da Unidade de Deseño e Seguimento de Procedementos, dará cobertura para o cumprimento e supervisión de todo o relacionado co cumprimento da normativa en protección de datos de carácter persoal, de aseguramento das medidas técnicas e organizativas necesarias en cada momento, e tamén co obxectivo de facilitar o exercicio ao cidadán dos seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Por todo o anterior, de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar a creación, modificación e cancelación de ficheiros de datos de carácter persoal, que se relacionan nos anexos I, II e III a esta resolución, acordada polo Consello de Dirección do Igape na súas xuntanzas do 22 de xullo de 2013 e 24 de setembro de 2013.

Segundo. Esta resolución entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2013

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO I
Ficheiros de nova creación

1. Ficheiro: actividades Igape.

Denominación do ficheiro

Actividades Igape

Finalidade e usos previstos

Xestión de axendas, citas e actividades realizadas polo persoal de Igape no desenvolvemento das súas funcións e atribucións

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Empresarios, emprendedores ou interesados que soliciten unha reunión, acción ou información do Igape

Procedencia de recolla de datos

O propio interesado ou representante legal

Procedemento de recolla de datos

Formularios en papel e electrónicos

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal/electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal.

Datos de detalle de emprego: posto de traballo, situación laboral, categoría profesional

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Non se recollen

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se recollen

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego de Promoción Económica

San Lázaro, s/n, 15701 de Santiago de Compostela

Nivel de seguridade

Básico

2. Ficheiro: rexistro.

Denominación do ficheiro

Rexistro

Finalidade e usos previstos

Xestión do rexistro administrativo de entrada e saída de documentos

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns, administrados ou empresarios que fan uso do servizo rexistral

Procedencia de recolla de datos

O propio interesado ou representante legal

Procedemento de recolla de datos

Formularios en papel e electrónicos

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos relativos á comisión de infraccións.

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal/electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal.

Datos de características persoais: estado civil, datos de familia, data de nacemento, idade, sexo.

Datos de detalle de emprego: posto de traballo, situación laboral, categoría profesional.

Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, experiencia profesional.

Datos de información comercial.

Datos económicos, financeiros e de seguros

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Administracións municipais de Galicia.

Outros órganos da Comunidade Autónoma.

Outros órganos da Administración do Estado.

Xulgados e tribunais

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se recollen

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego de Promoción Económica

San Lázaro, s/n, 15701 de Santiago de Compostela

Nivel de seguridade

Medio

3. Ficheiro: contratación.

Denominación do ficheiro

Contratación

Finalidade e usos previstos

Xestión da contratación administrativa. Facturación de terceiros que proporcionen subministración de bens e/o servizos

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas ou traballadores que pertenzan a empresas que contratan con Igape ou ben manteñen algunha relación de asistencia técnica con este

Procedencia de recolla de datos

Formularios en papel ou electrónicos

Procedemento de recolla de datos

O propio interesado ou representante legal. Entidades privadas

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal / electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal.

Datos de características persoais: estado civil, datos de familia, data de nacemento, idade, sexo.

Datos de detalle de emprego: posto de traballo, situación laboral, categoría profesional.

Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, experiencia profesional.

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Axencia Tributaria.

Consello de Contas de Galicia.

Caixas, bancos e outras entidades de crédito

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se recollen

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego de Promoción Económica

San Lázaro, s/n, 15701 de Santiago de Compostela

Nivel de seguridade

Básico

4. Ficheiro: formación.

Denominación do ficheiro

Formación

Finalidade e usos previstos

Formación presencial e virtual, propia ou realizada en colaboración de terceiros. Remisión da información sobre cursos

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Alumnos que realizasen algún curso ou persoas que mostrasen interese na realización dalgún deles

Procedencia de recolla de datos

Formularios en papel ou electrónicos

Procedemento de recolla de datos

O propio interesado ou representante legal

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal/electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal.

Datos de características persoais: estado civil, datos de familia, data de nacemento, idade, sexo.

Datos de detalle de emprego: posto de traballo, situación laboral, categoría profesional.

Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, experiencia profesional

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Non se recollen

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se recollen

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego de Promoción Económica

San Lázaro, s/n, 15701 de Santiago de Compostela

Nivel de seguridade

Básico

5. Ficheiro: mentores.

Denominación do ficheiro

Mentores

Finalidade e usos previstos

Xestión da rede de mentores como instrumento de apoio á creación, consolidación e crecemento das empresas. Remisión de información de interese

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Mentores, persoas de contacto de empresas e emprendedores participantes na rede

Procedencia de recolla de datos

Formularios en papel ou electrónicos

Procedemento de recolla de datos

O propio interesado ou representante legal

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal/electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal.

Datos de características persoais: estado civil, datos de familia, data de nacemento, idade, sexo.

Datos de detalle de emprego: posto de traballo, situación laboral, categoría profesional.

Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, experiencia profesional

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Organismos da unión europea

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se recollen

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego de Promoción Económica

San Lázaro, s/n, 15701 de Santiago de Compostela

Nivel de seguridade

Básico

6. Ficheiro: axentes de promoción económica.

Denominación do ficheiro

Axentes de promoción económica

Finalidade e usos previstos

Contacto cos axentes de promoción económica para facilitar a súa mediación con usuarios que demanden os servizos

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas interesadas en contactar cos axentes

Procedencia de recolla de datos

Formularios en papel ou electrónicos

Procedemento de recolla de datos

O propio interesado ou representante legal

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal/electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal.

Datos de características persoais: estado civil, datos de familia, data de nacemento, idade, sexo.

Datos de detalle de emprego: posto de traballo, situación laboral, categoría profesional.

Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, experiencia profesional

Sistema de tratamento

Mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Administración autonómica

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se recollen

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego de Promoción Económica

San Lázaro, s/n, 15701 de Santiago de Compostela

Nivel de seguridade

Básico

ANEXO II
Modificación de ficheiros

1. Ficheiro: beneficiarios-terceiros.

Nome e descrición do ficheiro

Beneficiarios-terceiros

Servizos ou unidades ante os cales poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego de Promoción Económica

San Lázaro, s/n, 15701 de Santiago de Compostela

Finalidade

Xestión administrativa e tramitación de solicitudes para a obtención de calquera tipo de axuda así como o pagamento daquelas que foran debidamente xustificadas

Sistema de tratamento

Mixto

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal/electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal.

Datos de características persoais: estado civil, datos de familia, data de nacemento, idade, sexo.

Datos de detalle de emprego: posto de traballo, situación laboral, categoría profesional.

Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, experiencia profesional.

Datos de saúde.

Datos referentes á comisión de infraccións administrativas ou penais

Nivel de seguridade

Alto

Motivo: modificación

Cambio na finalidade, na estrutura do ficheiro e no nivel de seguridade así como o sistema de tratamento

2. Ficheiro: persoal.

Nome e descrición do ficheiro

Recursos humanos

Servizos ou unidades ante os cales poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego de Promoción Económica

San Lázaro, s/n, 15701 de Santiago de Compostela

Finalidade

Xestión dos recursos humanos. Xestión de nóminas. Formación. Procesos de selección

Sistema de tratamento

Mixto

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal/electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal.

Datos de características persoais: estado civil, datos de familia, data de nacemento, idade, sexo.

Datos de detalle de emprego: posto de traballo, situación laboral, categoría profesional.

Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, experiencia profesional

Nivel de seguridade

Básico

Motivo: modificación

Cambio na denominación e finalidade do ficheiro así como o sistema de tratamento

3. Ficheiro: control de visitas.

Nome e descrición do ficheiro

Seguridade e control de acceso

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego de Promoción Económica

San Lázaro, s/n, 15701 de Santiago de Compostela

Finalidade

Seguridade e control de acceso ás instalacións do Igape

Sistema de tratamento

Básico

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal/electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal.

Imaxe, voz

Nivel de seguridade

Básico

Motivo: modificación

Cambio na denominación

4. Ficheiro: actividades Igape-promoción.

Nome e descrición do ficheiro

Promoción e difusión

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego de Promoción Económica

San Lázaro, s/n, 15701 de Santiago de Compostela

Finalidade

Xestión e participación de eventos propios ou colaborativos. Difusión pública de axudas, foros, cursos e proxectos empresariais. Recóllese a creación de guías e bases de datos de empresas galegas

Sistema de tratamento

Mixto

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal/electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal.

Datos de características persoais: estado civil, datos de familia, data de nacemento, idade, sexo.

Datos de detalle de emprego: posto de traballo, situación laboral, categoría profesional.

Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, experiencia profesional

Nivel de seguridade

Básico

Motivo: modificación

Cambio na denominación e finalidade do ficheiro así como o sistema de tratamento

ANEXO III
Cancelación de ficheiros

1. Entidades colaboradoras-provedores.

Nome do ficheiro

Entidades colaboradoras-provedores

Data de creación

7.8.2003

Motivo da supresión

Os datos existentes deixaron de estar afectos pola LOPD coa aprobación do artigo 2.2 do seu regulamento

Destino dos datos

Os datos permanecerán con fins históricos e estatísticos

Previsión de destrución

Consérvanse todos os datos

2. Solo industrial.

Nome do ficheiro

Solo industrial

Data de creación

7.8.2003

Motivo da supresión

Os datos existentes deixaron de estar afectos pola LOPD coa aprobación do artigo 2.2 do seu regulamento

Destino dos datos

Os datos permanecerán con fins históricos e estatísticos

Previsión de destrución

Consérvanse todos os datos

3. Citas.

Nome do ficheiro

Citas

Data de creación

7.8.2003

Motivo da supresión

A finalidade e o colectivo afectado coincide con outras declaradas para outros ficheiros

Destino dos datos

Inclusión no ficheiro: «Beneficiarios-terceiros» e «Actividades Igape»

Previsión de destrución

Consérvanse todos os datos

4. Fondo de acción social.

Nome do ficheiro

Fondo de acción social

Data de creación

7.8.2003

Motivo da supresión

A finalidade e o colectivo afectado coincide coa doutro ficheiro declarado

Destino dos datos

Inclusión no ficheiro: «Recursos humanos»

Previsión de destrución

Consérvanse todos os datos

5. Histórico de expedientes.

Nome do ficheiro

Histórico de expedientes

Data de creación

7.8.2003

Motivo da supresión

A finalidade e o colectivo afectado coincide coa doutro ficheiro declarado

Destino dos datos

Inclusión no ficheiro: «Beneficiarios-terceiros»

Previsión de destrución

Consérvanse todos os datos

6. Banco de ideas.

Nome do ficheiro

Banco de ideas

Data de creación

7.8.2003

Motivo da supresión

A finalidade e o colectivo afectado coincide coa de outro ficheiro declarado

Destino dos datos

Inclusión no ficheiro: «Promoción-difusión»

Previsión de destrución

Consérvanse todos os datos