Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:
Sentenza 210/2013.
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2013.
Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, estes autos de xuízo nº 439/2013, sobre despedimento/cesamento en xeral, seguidos por instancia de Luis Losada Cebey, asistido pola letrada Cristina Goldar Soto, contra a entidade Excavaciones Migasa, S.A., que non comparece malia estar debidamente citada e o Fondo de Garantía Salarial (en diante Fogasa).
Resolvo.
Que estimando integramente a demanda interposta por Luis Losada Cebey, asistido pola letrada Cristina Goldar Soto, contra a entidade Excavaciones Migasa, S.A., que non comparece malia estar debidamente citada, e o Fondo de Garantía Salarial, declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada, con condena da empresa indicada á extinción da relación laboral na data desta sentenza, con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución, por non ser posible a readmisión por cesamento na actividade da empresa, que está dada de baixa.
E para que sirva de citación á demandada Excavaciones Migasa, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2013
A secretaria xudicial