Mediante este anuncio faise saber que nesta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia se tramita o procedemento ordinario nº 5029/2002, interposto pola Comunidade de Montes Veciñais San Salvador de Poio contra o Acordo do 22 de abril de 2002, polo que se lle concede licenza de obra para a construción de 28 vivendas unifamiliares na rúa Illa Canosa, Boa Vista, a Lanzamar, S.A. e, por vía de ampliación, contra o acordo da Comisión Municipal de Goberno do Concello de Poio do 25 de noviembre de 2003, sobre aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela nº 42.
A publicación deste anuncio serviralles de localización ás persoas que posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poden comparecer en forma legal no prazo de nove días. Se o fixeren con posterioridade, consideraranse parte para os trámites non precluídos.
A Coruña, 2 de outubro de 2013
Inmaculada Pérez Arrojo
Secretaria