Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 24 de outubro de 2013 Páx. 41951

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2013 pola que se lle dá publicidade á redistribución dos créditos das axudas para a contratación de xestores Igapex de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

Mediante Resolución do 31 de maio de 2013 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas do Igape para a contratación de xestores Igapex de internacionalización (DOG nº 112, do 13 de xuño), este convocaba para o exercicio 2013 as ditas axudas e publicaba os créditos dispoñibles para o efecto. O prazo de presentación de solicitudes rematou o 15 de xullo de 2013.

Tendo en conta as solicitudes presentadas, faise necesaria a redistribución dos créditos de acordo coas necesidades derivadas das ditas solicitudes. Por tanto, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír os créditos das axudas para a contratación de xestores Igapex de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, que quedan establecidos do seguinte xeito:

Importe en euros

Partida orzamentaria: 08.A1.741A

Nº de conta:

4705

4814

4452

Total

Beneficiarios:

(Empresas)

(Organismos intermedios)

(Consellos reguladores)

2013

24.000 €

6.000 €

0 €

30.000 €

2014

1.440.850 €

59.150 €

0 €

1.500.000 €

2015

300.000 €

300.000 €

25.000 €

625.000 €

Total

1.764.850 €

365.150 €

25.000 €

2.155.000 €

Segundo. Esta modificación entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2013

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica