A Orde do 2 de xullo de 2013 (DOG do 8 de xullo) convocou as axudas para proxectos de investigación desenvolvidos por investigadores emerxentes para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva.
Unha vez rematada a tramitación establecida na convocatoria, de acordo co establecido no artigo 7 da orde de convocatoria, e atendendo ao informe-proposta elevado pola Comisión de Selección a través da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Concederlles ás universidades do Sistema universitario de Galicia as axudas que a seguir se relacionan (con indicación do investigador destinatario e a duración do proxecto subvencionado) para o desenvolvemento dos proxectos presentados e na contía que se indica en cada caso.
Nº expte. |
Solicitante |
Universidade |
2013 |
2014 |
2015 |
2016 |
Data |
Data de fin |
EM2013/017 |
Alonso Gómez, José Lorenzo |
Uvigo |
6.000 |
24.200 |
0 |
0 |
8.8.2013 |
30.11.2014 |
EM2013/018 |
Alonso Vega, María Flora |
Uvigo |
6.000 |
26.000 |
33.000 |
33.000 |
8.8.2013 |
8.8.2016 |
EM2013/003 |
Álvarez Fernández, María Inés |
Uvigo |
17.000 |
37.200 |
42.800 |
0 |
8.8.2013 |
30.11.2015 |
EM2013/040 |
Antelo Martínez, Juan |
USC |
6.000 |
29.200 |
0 |
0 |
8.8.2013 |
30.11.2014 |
EM2013/030 |
Arines Pifirrer, Justo |
USC |
9.200 |
9.200 |
0 |
0 |
8.8.2013 |
30.11.2014 |
EM2013/019 |
Ayán Pérez, Carlos Luis |
Uvigo |
6.000 |
36.200 |
14.800 |
5.000 |
8.8.2013 |
8.8.2016 |
EM2013/046 |
Barbosa Fernández, Silvia |
USC |
6.000 |
44.200 |
44.800 |
3.000 |
8.8.2013 |
8.8.2016 |
EM2013/016 |
Costoya Ramos, María Cristina |
UDC |
12.000 |
22.200 |
39.800 |
10.000 |
8.8.2013 |
8.8.2016 |
EM2013/012 |
Diz Ferreiro, Paula |
Uvigo |
10.000 |
33.200 |
0 |
0 |
8.8.2013 |
30.11.2014 |
EM2013/020 |
Domínguez Seoane, Marta |
VIGO |
20.000 |
47.200 |
0 |
0 |
8.8.2013 |
30.11.2014 |
EM2013/039 |
Fernández Domínguez, Beatriz |
USC |
6.000 |
37.200 |
48.800 |
6.000 |
8.8.2013 |
8.8.2016 |
EM2013/051 |
Fernández Rodríguez, Nuria |
UDC |
6.000 |
25.200 |
43.800 |
22.000 |
8.8.2013 |
8.8.2016 |
EM2013/032 |
Freire Iribarne, Félix Manuel |
USC |
14.000 |
38.200 |
44.800 |
0 |
8.8.2013 |
30.11.2015 |
EM2013/042 |
García Fuentes, Marcos |
USC |
8.000 |
43.200 |
27.800 |
18.000 |
8.8.2013 |
8.8.2016 |
EM2013/005 |
González Jorge, Higinio |
Uvigo |
22.000 |
47.200 |
0 |
0 |
8.8.2013 |
30.11.2014 |
EM2013/009 |
Gosset, Anne Marie Elisabeth |
UDC |
6.000 |
18.200 |
47.300 |
28.500 |
8.8.2013 |
8.8.2016 |
EM2013/036 |
Gulías Costa, Moisés |
USC |
6.000 |
49.200 |
0 |
0 |
8.8.2013 |
30.11.2014 |
EM2013/038 |
López Martínez, Paula |
USC |
6.000 |
25.200 |
32.800 |
34.000 |
8.8.2013 |
8.8.2016 |
EM2013/013 |
Loveira Pazó, Rosa María |
Uvigo |
20.000 |
18.200 |
22.800 |
19.000 |
8.8.2013 |
8.8.2016 |
EM2013/021 |
Mouriño Carballido, Beatriz |
Uvigo |
13.000 |
58.200 |
19.800 |
0 |
8.8.2013 |
30.11.2015 |
EM2013/037 |
Pardo Castro, Víctor |
USC |
6.000 |
43.200 |
37.800 |
12.000 |
8.8.2013 |
8.8.2016 |
EM2013/002 |
Paredes Galán, Ángel |
Uvigo |
6.000 |
28.200 |
39.800 |
3.000 |
8.8.2013 |
8.8.2016 |
EM2013/041 |
Pichel Campos, Juan Carlos |
USC |
6.000 |
50.200 |
0 |
0 |
8.8.2013 |
30.11.2014 |
EM2013/052 |
Prieto Aneiros, Andrés |
UDC |
6.000 |
23.200 |
39.800 |
30.000 |
8.8.2013 |
8.8.2016 |
EM2013/004 |
Rial Otero, Raquel |
Uvigo |
7.000 |
28.200 |
38.800 |
14.000 |
8.8.2013 |
8.8.2016 |
EM2013/011 |
Sangiao Alvarellos, Susana |
UDC |
9.000 |
31.200 |
36.800 |
19.000 |
8.8.2013 |
8.8.2016 |
EM2013/056 |
Sanjurjo Sánchez, Jorge |
UDC |
6.000 |
26.000 |
0 |
0 |
8.8.2013 |
30.11.2014 |
EM2013/023 |
Teira González, Eva |
Uvigo |
11.000 |
23.200 |
50.800 |
13.000 |
8.8.2013 |
8.8.2016 |
EM2013/031 |
Vázquez Verdes, Pedro |
USC |
7.300 |
32.200 |
38.800 |
20.000 |
8.8.2013 |
8.8.2016 |
EM2013/029 |
Villasante Larramendi, Carlos Sebastián |
USC |
12.000 |
39.200 |
41.800 |
0 |
8.8.2013 |
30.11.2015 |
Segundo. As solicitudes non incluídas na resolución de concesión entenderanse denegadas ou rexeitadas.
Terceiro. Os beneficiarios deberán remitirlle á Secretaría Xeral de Universidades un escrito de aceptación da axuda no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. A non aceptación da axuda no prazo indicado implicará a renuncia a ela e procederase conforme o establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cuarto. A subvención será librada a través da universidade a que pertenza o destinatario, de acordo coa normativa vixente.
Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a universidade correspondente expida, na data límite do 30 de novembro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, a certificación que exprese a realización do gasto e do pagamento acompañada dun informe de seguimento, asinado polo/a investigador/a solicitante do proxecto, no cal se detalle o logro dos obxectivos do proxecto. Este informe poderá ser anual ou final. O informe final deberá ser entregado en formato papel e dixital e xuntaránselle as separatas ou documentos que demostren os resultados xerados polo proxecto.
De acordo co establecido no artigo 31.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 11.e) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, a obriga de presentar a certificación do cumprimento de obrigas coa Administración pública da comunidade autónoma, coa Administración do Estado e coa Seguridade Social, será substituída por unha declaración responsable de cada universidade de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración.
Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.
Para efectuar o último pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.
Quinto. O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.
Sexto. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2013
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria