Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2013, da Secretaria Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto harmonizado, do contrato privado de seguro co obxecto de garantir a prestación sanitaria en caso de accidente deportivo con ocasión do exercicio da actividade deportiva en idade escolar dentro do programa Xogade durante o curso 2013/14 e do deporte federado en idade escolar, e indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas por idénticas causas.

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante Resolución do 4 de outubro de 2013, procédese agora a efectuar o anuncio de licitación.

Esta resolución constitúe un acto de trámite para os efectos do parágrafo primeiro do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Presidencia da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: garantir a prestación sanitaria en caso de accidente deportivo con ocasión do exercicio da actividade deportiva en idade escolar dentro do programa Xogade durante o curso 2013/14 e do deporte federado en idade escolar (6 a 16 anos), e indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas por idénticas causas.

b) Lugar de execución: nas condicións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Prazo de execución: un ano contado desde a sinatura do contrato. Admitiranse prórrogas ata un máximo dun ano.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

5. Orzamento base de licitación:

Importe sen impostos: 559.983,16 €.

Impostos: 40.016,84 €.

Importe total: 600.000, 00 €, impostos engadidos e conforme a seguinte distribución por anualidades:

Ano 2013: 60.000,00 €.

Ano 2014: 540.000,00 €.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe, ao abeiro do disposto no artigo 103 do TRLCSP.

b) Garantía definitiva: cinco por cento (5 %) do importe de adxudicación, impostos excluídos.

7. Obtención de documentación e información:

No Servizo de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26, 981 54 26 23. Fax: 981 54 26 39).

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas a que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados tamén na internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19623

Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a acreditación efectuarase mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 20 de novembro de 2013 ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

No rexistro público da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), tamén poden ser enviados por correo dentro do prazo de admisión.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Enderezo: Estadio Multiusos San Lázaro, s/n, porta 4, 15781.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 27 de novembro de 2013.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Outras informacións:

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e se observa defectos ou omisións emendables comunicaralle por fax ou por medios electrónicos ou telemáticos (correo electrónico) aos interesados, para que se emenden, se é o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

11. Gastos do anuncio:

Os gastos do anuncio que orixine a publicación, por unha soa vez, do anuncio desta licitación nos correspondentes diarios e boletíns oficiais serán por conta do adxudicatario do contrato, sen que se poida imputar á Administración contratante ningún pagamento por tal concepto. O importe estimado máximo é o seguinte:

Custo do Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): gratuíto.

Custo do Boletín Oficial del Estado (BOE):

Taxa/liña de título: 13,82 €.

Taxa/liña de texto: 15,35 €.

Custo do Diario Oficial de Galicia (DOG): 5,42 € por liña publicada.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): o 4 de outubro de 2013.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2013

Por desconcentración (Decreto 88/2013)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte