Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42234

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO de información pública sobre taller de carpintaría de madeira no Campo (Mesía).

Manuel García Gómez, en representación de Carpintería Ramón García, S.L., solicitou licenza de actividade e legalización de obras de taller de carpintería de madeira, sitas no lugar do Campo, nº 2, na parroquia de Mesía. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no BOP, DOG e no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considerarase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio.

O expediente estará á disposición do público, na Secretaría do concello, durante as horas de oficina.

Mesía, 21 de outubro de 2013

Mariano Iglesias Castro
Alcalde