Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica o acordo de iniciación do procedemento de reintegro de subvención concedida (expediente TR352A 2011/64-0).

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo o acordo de iniciación do expediente de reintegro da subvención concedida mediante a Resolución da Dirección Xeral de Promoción do Emprego do 9 de setembro de 2010.

Faise saber que o interesado disporá dun prazo de 15 días para que alegue ou presente os documentos que considere pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2013

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Galicia Terra de Acollida.

Enderezo: Juan de Anges, nº 7, baixo dereita, 32002 Ourense.

Nº de expediente: TR352A 2011/64-0.

Data do acordo de iniciación do procedemento de reintegro: 5 de setembro de 2013.

Preceptos incumpridos: artigo 9.2.a) da Orde do 10 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria; artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que reintegrar: 20.124,09 €.