Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación pola Consellería de Sanidade da enquisa SIX 2014 (AB-CON1-13-021).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-CON1-13-021.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: enquisa SIX 2014.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 30 de abril de 2014.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79320000-3.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Ponderación

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

0-10 puntos

30 %

Memoria técnica (oferta técnica)

0-10

30 %

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

0-10 puntos

70 %

Oferta económica.

0-10

70 %

4. Valor estimado do contrato: 38.000 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 38.000 euros. Importe total: 45.980 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/s adxudicatario/s.

11. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos