Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se lles notifican ás persoas interesadas as resolucións dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios (expedientes 27/00060/07B, 27/50023/07A, 15/50173/07A, 27/00569/08B, 27/50040/08A, 27/50156/08A, 27/50199/08A, 27/00611/09B e 36/00191/08B).

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

As persoas relacionadas no anexo poden recoller a respectiva resolución no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecemento da dita resolución e constancia de tal coñecemento.

A resolución esgota a vía administrativa. A persoa interesada poderá interpoñer contra ela, potestativamente, recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao desta publicación, segundo o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2013

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

1. Procedemento: expediente número 27/00060/07B, de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesado: Méndez López, Juan Carlos.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: Penouzos, Mariz, 8, 27518 Chantada, Lugo.

2. Procedemento: expediente número 27/50023/07A, de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesado: Arias Folgar, Rodrigo.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: Suñide, nº 1, 27635 Samos, Lugo.

3. Procedemento: expediente número 15/50173/07A, de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesado: Maymoune, Rachid.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: Pousada de Arriba, 15813 Sobrado, A Coruña.

4. Procedemento: expediente número 27/00569/08B, de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesado: Expósito Rodríguez, Juan Carlos.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: Grupo Escolar, 1, 2º C, 27000 Palas de Rei, Lugo.

5. Procedemento: expediente número 27/50040/08A, de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesado: Teijeiro García, Lar.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: Vilauxín, 1, Barcela, 27000 Negueira de Muñiz, Lugo.

6. Procedemento: expediente número 27/50156/08A, de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesado: Expósito Rodríguez, Juan Carlos.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: Grupo Escolar, 1, 2º C, 27000 Palas de Rei, Lugo.

7. Procedemento: expediente número 27/50199/08A, de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesada: Pérez García, Ánxela.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: A Pedreira, A Devesa, nº 11, 27111 Ribadeo, Lugo.

8. Procedemento: expediente número 27/00611/09B, de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesada: Explotación Aborbo, S.C.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: O Aborbó, 1, 27837 Muras, Lugo.

9. Procedemento: expediente número 36/00191/08B, de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesada: Revibla, S.L.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: Carregoso de Arriba, 30, 36500 Lalín.