Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42385

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Gudiña

ANUNCIO de información pública sobre instalación dunha explotación de gandaría ovina en Alto da Salada, en montes de Parada da Serra.

Juan Luis Alonso Nieves, con DNI 76731307-H, solicitou licenza municipal para instalación dunha explotación de gandaría ovina no lugar de Alto da Salada, en montes de Parada da Serra neste municipio.

En cumprimento do disposto polo artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o seguinte ao da inserción do presente anuncio no DOG e no Boletín Oficial da provincia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular, por escrito, as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Gudiña, 21 de outubro de 2013

Guillermo Lago Pérez
Alcalde