Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42517

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2013 pola que se modifica a Resolución do 25 de abril de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a extensión de redes de acceso de banda larga no rural galego, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o período 2011-2013 (procedemento administrativo PR880C).

Con data do 13 de maio de 2011 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 25 de abril de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a extensión de redes de acceso de banda larga no rural galego, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o período 2011-2013 (procedemento administrativo PR880C).

Con data do 9 de marzo de 2012 produciuse a constitución efectiva da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, coa realización da sesión constitutiva do seu Consello Reitor, quedando suprimida a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, todo iso de conformidade co previsto na disposición adicional primeira do Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos.

De conformidade co disposto na disposición adicional primeira do Decreto 252/2011, do 15 de decembro, a Amtega asume as competencias e medios materiais que na actualidade lle corresponden á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, que quedará suprimida no momento da constitución efectiva da Amtega.

O Plan director de banda larga, aprobado polo Consello da Xunta o 18 de febreiro de 2010, prevé unha serie de actuacións coordinadas e interrelacionadas entre as cales figuran a «Potenciación das infraestruturas públicas de telecomunicacións» e a «Extensión das redes de banda larga á contorna rural de Galicia».

Desenvolvendo a actuación que ten por obxecto a «Extensión das redes de banda larga á contorna rural de Galicia», con data do 13 de maio de 2011 publicouse no DOG a Resolución do 25 de abril de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a extensión de redes de acceso de banda larga no rural galego, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Feder, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o período 2011-2013. Na dita convocatoria establecíase a posta ao dispor do beneficiario, en condicións adecuadas ao mercado, das infraestruturas e redes de transporte do operador público Retegal.

Doutra banda, no marco da actuación de «Potenciación das infraestruturas públicas de telecomunicacións» viuse a necesidade dun plan sectorial como instrumento para facilitar o despregamento das infraestruturas.

Este plan sectorial aprobouse o 2 de maio de 2013, incidindo na efectiva dispoñibilidade das localizacións planificadas por parte dos operadores privados, razón pola que se fai necesaria a modificación da convocatoria e das súas bases reguladoras.

En consecuencia, e en uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Resolución do 25 de abril de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a extensión de redes de acceso de banda larga no rural galego, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o período 2011-2013.

A Resolución do 25 de abril de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a extensión de redes de acceso de banda larga no rural galego, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o período 2011-2013, queda redactada como segue:

Un. Primeiro e segundo parágrafos do artigo 4 (ámbito temporal) do anexo I, bases reguladoras:

«O despregamento da rede poderá prolongarse no tempo ata o 1 de decembro de 2014 e o prazo máximo para a posta en servizo é o 31 de marzo de 2015.

Para estes efectos, o plan de despregamento deberá presentarse de conformidade co disposto no artigo 13 das presentes bases e incluirá as etapas temporais indicadas neste artigo cos seus respectivos mínimos de poboación obxectivo cuberta no remate de cada etapa, tomando como referencia a cobertura proposta polo solicitante:

Etapa

Data de inicio

Data de finalización

Cobertura mínima

1

Inicio do despregamento

15.12.2011

Sen mínimo exixido

2

16.12.2011

15.3.2012

25 % da poboación proposta

3

16.3.2012

15.7.2012

40 % da poboación proposta

4

16.7.2012

15.12.2012

55 % da poboación proposta

5

16.12.2012

15.3.2013

70 % da poboación proposta

6

16.3.2013

15.7.2013

85 % da poboación proposta

7

16.7.2013

31.3.2015

100 % da poboación proposta

»

Dous. Artigo 21 (financiamento) do anexo I, bases reguladoras:

«Para o financiamento desta convocatoria está prevista unha dotación orzamentaria máxima de 15.290.000 €, que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 04.70.571A.775.0, coa seguinte distribución:

2011

2012

2013

2014

04.70.571A.775.0

2.285.000 €

5.105.000 €

6.336.177,47 €

1.563.822,53 €

As actuacións desta convocatoria estarán cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Plan operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1 – Desenvolvemento da economía do coñecemento (I+D+i, sociedade da información e TIC), tema prioritario 10 –Infraestruturas telefónicas–, actuación (1.10.4) – Infraestruturas de telecomunicacións–».

Tres. Artigo 33 (prazo para a realización dos proxectos subvencionados e prazos para a xustificación da súa realización) do anexo I, bases reguladoras:

«1. A execución dos investimentos subvencionados será levada a cabo polo beneficiario entre o día seguinte á publicación da convocatoria a que se refiren as presentes bases no DOG e o 1 de decembro de 2014.

A documentación xustificativa do cumprimento da finalidade da subvención deberase presentar antes do 10 de decembro de 2014.

2. En cada pagamento á conta da subvención, o beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa do cumprimento das accións subvencionadas correspondentes á anualidade que se vai xustificar antes do 1 de decembro de cada ano, exceptuando a anualidade 2014, en que a dita xustificación deberá ser anterior ao 10 de decembro».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia