Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expediente sancionadores CON-PO-0030/2013-V e CON-PO-0032/2013-V.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 8 de outubro de 2013

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/as

Acto notificado

Acto adoptado por

CON-PO-0030/2013

Rosa María Alonso Garrido

Acordo de incoación

Xefe territorial

CON-PO-0032/2013

Vanesa Macia Pérez

Acordo de incoación

Xefe territorial