Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos de servizos:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número de expediente: SESE 05-06-07-08/EM.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18651
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición: servizo de limpeza de diversos edificios xudiciais da Xunta de Galicia (4 lotes).
c) División por lotes e número de lotes: catro.
Lote 1: edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia da Coruña.
Lote 2: edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia de Lugo.
Lote 3: edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia de Ourense.
Lote 4: edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra.
d) CPV: 90919200-4 (servizos de limpeza de oficinas).
e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.
f) Data de publicación do anuncio de licitación: 4 de abril de 2013, 15 de abril de 2013 e 15 de abril de 2013, respectivamente.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato para os catro lotes: 4.981.338,88 € (IVE excluído) incluídas as posibles prórrogas e modificacións.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto para os catro lotes: 2.372.066,13 €.
Importe total para os catro lotes: 2.870.200,00 €. Desagregado do seguinte xeito:
Lote 1: importe sen IVE: 1.028.099,18 €. Total: 1.244.000,00 €.
Lote 2: importe sen IVE: 476.033,06 €. Total: 576.000,00 €.
Lote 3: importe sen IVE: 249.752,07 €. Total: 302.200,00 €.
Lote 4: importe sen IVE: 618.181,82 €. Total: 748.000,00 €.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 28 de agosto de 2013.
b) Data de formalización do contrato: 30 de setembro de 2013.
c) Contratistas:
Lote 1: Clece, S.A.
Lote 2: Linorsa, S.A.U.
Lote 3: Linorsa, S.A.U.
Lote 4: Linorsa, S.A.U.
d) Importe de adxudicación:
Lote 1: importe neto: 937.677,62 €. Importe total: 1.134.589,92 €.
Lote 2: importe neto: 432.538,80 €. Importe total: 523.371,95 €.
Lote 3: Importe neto: 227.871,36 €. Importe total: 275.724,35 €.
Lote 4: importe neto: 588.000,00 €. Importe total: 711.480,00 €.
e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas económicamente máis vantaxosas.
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2013
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

