Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42783

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2204/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 2204/2013, desta sección, seguido por instancia de Miguel Saco Carrasco, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

Resolvemos:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola empresa Sabico Seguridad, S.A. contra a sentenza do 13 de marzo de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Lugo, no procedemento 1001/2012, seguido por instancia de Miguel Saco Carrasco contra a recorrente e contra Esabe Vigilancia, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza de instancia, coa perda do depósito constituído para recorrer.

Déase o destino legal oportuno aos depósitos e consignacións.

Impóñenselle as custas procesuais causadas neste recurso á empresa recorrente, con inclusión dos honorarios do letrado impugnante do recurso, que se fixan en 550 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que, contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de outubro de 2013

A secretaria xudicial