Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42868

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación incial do expediente de expropiacion parcial do local situado na rúa San Vicente de Paúl 9, para instalación de ascensor no edificio e mellora das condicións de accesibilidade.

O tenente de alcalde, responsable da Área de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, con data 2 de outubro de 2013, por delegación do alcalde a través de decreto con data do 13 de xuño de 2011, emite decreto no que se aproban os seguintes puntos:

«Decreto.

Primeiro. Incoar o expediente de expropiación e aprobar inicialmente a expropiación parcial do local comercial situado na rúa San Vicente de Paúl, 9, cuxa relación de bens e dereitos afectados é:

A) Propiedade afectada pola expropiación.

Ben: local comercial planta baixa.

Predio rexistral: 16.312, inscrito ao tomo 2551, libro 356, folio 73 do Rexistro da Propiedade número 4 da Coruña.

Titular rexistral: Sociedad Estatal Correos e Telégrafos, con CIF A83052407.

Tipo afección: parcial.

Superficie afectada: 6,56 m2.

Valoración: 15.417,05 €.

5 % premio de afección: 770,85 €.

Valoración total do prezo xusto: 16.187,90 €.

B) Otros dereitos afectados: indemnización por execución da obra do tabique.

Valoración de 10 horas extras de traballador de Correos, a 20 €/hora.

Total da indemnización: 200 €.

Segundo. En virtud do establecido no artigo 118.2 da Ordenanza de Conservación e Rehabilitación de Inmobles do Concello da Coruña, o expediente tramitarase polo procedemento de taxación conxunta.

Terceiro. O expediente someterase a información pública polo prazo dun mes mediante inserción de anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia e estará exposto na Oficina Municipal de Rehabilitación deste concello. Así mesmo, a taxación notificarase individualmente aos que aparezan como titulares de bens ou dereitos.

Cuarto. Requirir a comunidade de propietarios do edificio situado na rúa San Vicente de Paúl, 9 (CIF H15302425), en calidade de beneficiario do expediente expropiatorio que, con anterioridade á aprobación definitiva do expediente, efectúe un depósito ou aval bancario do 20 % da valoración que se aproba neste expediente, que ascende a tres mil douscientos setenta e sete euros con cincuenta e oito céntimos (3.277,58 €).»

O que se publica para efectos de inicio do trámite de información pública, de conformidade co artigo 143.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que dispón:

«2. O proxecto de expropiación cos documentos sinalados será exposto ao público polo prazo dun mes, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos».

A Coruña, 5 de outubro de 2013

P.D.
Martín Fernández Prado
Tenente de alcalde responsable da Área de Medio Ambiente,
Infraestruturas e Territorio