Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42879

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portomarín

ANUNCIO de información pública sobre o proxecto de legalización de edificacións auxiliares de taller preexistente.

Manuel Fernández López solicita desta Alcaldía licenza municipal relativa ao proxecto de legalización de edificacións auxiliares de taller preexistente que se situará na estrada de Sarria (N-633), nº 16, Portomarín.

Cumprindo o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este (que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG) poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Portomarín, 18 de outubro de 2013

Juan Carlos Serrano López
Alcalde