Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43188

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 14 de outubro de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Servizo Galego de Saúde.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto lexislativo, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse por escrito á conselleira de Sanidade (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña), segundo o modelo que se inclúe como anexo II a esta orde.

As ditas solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade, nos das súas xefaturas territoriais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unirlle á súa petición un currículum vítae e xustificar documentalmente, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non serán tidos en conta.

Quinto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa administración de orixe, que se considerará favorable no caso de non emitirse no prazo de quince (15) días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez autorizado o seu traslado a esta administración, procederase a adxudicarlle o posto para o o cal se seleccionou.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade do novo destino ou dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, excepto no caso de funcionarios/as doutras administracións públicas, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO I

Código do posto: SAS991000427001001.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Recursos Humanos (Lugo).

Dependencia: segundo RPT publicada na Dirección Provincial de Lugo do Servizo Galego de Saúde (actual estrutura organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos).

Localidade: Lugo.

Tipo do Posto: S.

Grupo: A1-A2.

Nivel CD: 28.

Complemento específico: 14.604,66 €.

Corpo ou escala: xeral/estatutario Sergas.

Adscrición a administracións públicas: A16 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde).

Formación específica: 640 (para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego) (R.I.).

missing image file
missing image file