Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se notifican as resolucións do expediente sancionador en materia de animais potencialmente perigosos (expediente ANP-PO-0084/2013).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio as resolucións do procedemento.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao último enderezo coñecido do interesado no concello correspondente, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992. Transcorrido este prazo sen ter presentado o devandito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2013

P.D. (Orde do 15.3.2012, DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente nº: ANP-PO-0084/2013.

Interesado: Ignacio Pan Silveira.

Acto de notificación: resolución procedemento.

Último enderezo: García Barbón, 116, 4º D, 36201 Vigo, Pontevedra.