Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 18 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á empresa Granitos San José, S.L. o acordo de inicio da proposta de caducidade das cuadrículas mineiras restantes do permiso de investigación Pé da Múa, número 3058, situado nos termos municipais de Cotobade e Ponte Caldelas (Pontevedra).

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícaselle á empresa Granitos San José, S.L. o acordo de inicio da proposta de caducidade das cuadrículas mineiras restantes do permiso de investigación Pé da Múa número 3058, localizado nos termos municipais de Cotobade e Ponte Caldelas (Pontevedra), do 25 de setembro de 2013.

Comunícase que o dito acordo se encontra á súa disposición, no prazo de 15 días, das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo de Enerxía e Minas das dependencias desta xefatura territorial, situadas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º andar, Pontevedra.

Así mesmo, durante ese mesmo prazo, e de acordo co disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá formular as alegacións e presentar os documentos e xustificacións que considere oportunos na súa defensa. No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 18 de outubro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra