Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 15 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación dunha resolución de expedientes tramitados por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente nesta xefatura territorial.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

Vigo, 15 de outubro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expedientes: 2013/69-5 e 2013/70-5.

Interesada: María Amparo Ceballos Espinosa.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 6 de setembro de 2013.