Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43197

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2365/2012 CRS).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2365/2012 CRS.

Xulgado de orixe/autos: demanda 582/2010 Xulgado do Social número 2 de Pontevedra.

Recorrente: Evaristo Curras Portela.

Graduada social: Susana García Moldes.

Recorridos: Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa.

Avogado: Juan Carlos Vázquez García.

Procuradora: Mª Concepción Pérez García.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Recorridos: G. I. Juncal, S.L. R/ Alameda 16, 36001 Pontevedra.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2365/2012, desta sección, seguido por instancia de Evaristo Currás Portela contra a empresa G.I. Juncal, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante Evaristo Currás Portela contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, nos presentes autos tramitados contra os demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fraternidad-Muprespa e a empresa Gestión Inmobiliaria Juncal, S.L., decretamos a nulidade de todo o actuado a partir da notificación da sentenza de instancia, que alcanzou firmeza na data en que se ditou, repoñendo as actuacións ao momento seguinte da notificación da dita sentenza de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 35 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que lle sirva de notificación en forma a G.I. Juncal, S.L., con último domicilio coñecido na rúa da Estación, 16, baixo, 36150 Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 14 de outubro de 2013

A secretaria xudicial