Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43336

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para subministración de material de fontanaría, saneamento e abastecemento para este concello.

Mediante Decreto da Alcaldía de data 15 de outubro de 2013 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 46/13).

2. Obxecto do contrato: subministración de material de fontanaría, saneamento e abastecemento para o Concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 108.900 € (90.000 € + 18.900 € en concepto de IVE) e un prazo de execución de 1 ano (con posibilidade de prórroga de 1 ano).

5. Lotes.

Lote 1: 72.600 € (60.000 € + 12.600 €).

Lote 2: 36.300 € (30.000 € + 6.300 €),

6. Garantías: non se exixen, de conformidade co artigo 95 do TRLCSP.

7. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil de contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

8. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

9. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

10. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 15 de outubro de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde