Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 18 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia para os efectos de emendar os escritos dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores PO-EP 493/12, PO-EP 494/12, PO-EP 495/12, PO-EP 496/12, PO-EP 497/12 e PO-EP 498/12, en materia de espectáculos públicos tramitados na provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento de emenda dos escritos dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores PO-EP 493/12, PO-EP 494/12, PO-EP 495/12, PO-EP 496/12, PO-EP 497/12 e PO-EP 498/12, en materia de espectáculos públicos na provincia de Pontevedra.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado requirimento.

Unha vez transcorrido ese prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Concédeselle ao interesado un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación deste requirimento, para que poida emendar os escritos dos recursos de alzada e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade co disposto nos artigos 32 e 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Expedientes: resolucións dos expedientes sancionadores (PO-EP 493/12, PO-EP 494/12, PO-EP 495/12, PO-EP 496/12, PO-EP 497/12 e PO-EP 498/12).

Recorrente: Óscar Soto Giráldez.

Acto de notificación: requirimento de emenda dos escritos dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores anteriormente citados.

Último domicilio coñecido: avda. Torrente Ballester, nº 80, baixo, 36350 Nigrán (Pontevedra).

Indicáselle que, de non presentar a documentación requirida no prazo indicado anteriormente, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.