Aprobado definitivamente polo Pleno, en sesión do 15 de outubro de 2013, o Plan especial de dotacións, nas inmediacións de Lavandeira, publícase o documento que contén a normativa e ordenanzas; o plan aprobado entrará en vigor o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia.
A teor do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado plan terá vixencia indefinida e dase traslado á Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas de dúas copias do documento do plan aprobado, autenticadas polo secretario do concello.
Recursos. A teor do sinalado no artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra este acto expreso, de carácter xeral, que é definitivo en vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Xulgado do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se publique este anuncio no Boletín Oficial da provincia. Todo iso sen prexuízo doutro recurso que os interesados legais xulguen pertinentes.
Coles, 16 de outubro de 2013
Manuel Rodríguez Vázquez
Alcalde

