Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 204, do 24 de outubro de 2013, procede facer a seguinte corrección:
Na páxina 41956, no artigo 4.1, onde di:
«4.1. Modalidade: liña de xestión de pagamento a provedores, que permita ás adegas obter o financiamento necesario para poder atender o pagamento aos provedores de uva das facturas correspondentes aos contratos homologados subscritos de conformidade coa Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 16 de setembro de 2013 (DOG núm. 180, do 20 de setembro), sendo o período de vixencia destes contratos as campañas vitícolas 2013, 2014 e 2015 (liña de confirming)».
Debe dicir:
«4.1. Modalidade e destino: liña de xestión de pagamento a provedores (confirming), que permita ás adegas obter o financiamento necesario para poder atender o pagamento aos provedores de uva das facturas correspondentes aos contratos homologados subscritos de conformidade coa Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 16 de setembro de 2013 (DOG núm. 180, do 20 de setembro) ou a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 17 de outubro de 2013 (DOG núm. 204, do 24 de outubro), para as campañas vitícolas 2013, 2014 e 2015».
Na páxina 41956, no artigo 5.3, onde di:
«5.3. As SGR poderán cobrar ao cliente ata o 1 % en concepto de comisión de aval, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado e ata o 4 % do importe do financiamento avalado en concepto de cota social mutualista, que se aboará ao inicio da operación. Este importe será reembolsado ao cliente unha vez que remate a súa relación coa SGR».
Debe dicir:
«5.3. As SGR poderán cobrar ao cliente ata o 1 % en concepto de comisión de aval, calculado sobre o límite máximo garantido e ata o 4 % do importe do financiamento avalado en concepto de cota social mutualista, que se aboará ao inicio da operación. Este importe será reembolsado ao cliente unha vez que remate a súa relación coa SGR».
Na páxina 41960, no artigo 8.7, onde di:
«8.7. Dentro dos dez días seguintes á presentación das solicitudes no rexistro telemático, a SGR comunicaralles aos solicitantes a data en que as solicitudes foron presentadas no Igape, o número do expediente asignado, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento (dous meses desde a data de presentación da solicitude de axuda no Igape) e os efectos do silencio administrativo (negativo)».
Debe dicir:
«8.7. Dentro dos dez días seguintes á presentación das solicitudes no rexistro telemático, a SGR comunicaralles aos solicitantes a data en que as solicitudes foron presentadas no Igape, o número do expediente asignado, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento (30 de decembro de 2013) e os efectos do silencio administrativo (negativo)».