Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43728

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (644/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 644/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luisa Varela Mato contra a empresa Pardo y Saavedra, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse resolución cuxo ditame é o seguinte:

Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Luisa Varela Mato fronte á empresa Pardo Saavedra, S.L., con intervención do Fogasa, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que aboe á parte demandante a cantidade de 2.368,98 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes, indicando que fronte a ela non cabe interpoñer recurso de suplicación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pardo y Saavedra, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 21 de outubro de 2013

A secretaria xudicial