Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 23 de outubro de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio da clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Sacada, a favor dos veciños de Fraguas, A Silva, Vilaboa, Vilaflor e Portas Abertas na parroquia de Paizás, concello de Ramirás (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 19 de xuño de 2013, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Concello: Ramirás.

Denominación do monte: A Sacada.

Comunidade veciñal solicitante: veciños de Fraguas, A Silva, Vilaboa, Vilaflor e Portas Abertas na parroquia de Paizás.

Superficie total: 11.691 m2 segundo os datos catastrais.

A superficie que se clasifica, denominada A Sacada, constitúe un couto redondo formado polas parcelas catastrais e superficies que a seguir se relacionan:

Parcela 1493 do polígono 503 (referencia catastral 32069A503014930000DH) con 7.128 m2 de superficie, da cal o uso principal é o de terreo agrario.

Lindeira coa anterior e coa referencia catastral 002201600NG87A0001FL, atópase unha superficie de 4.490 m2 destinados a campo de fútbol e coa referencia catastral 002201400NG87A0001FL existe tamén un local encravado cunha superficie de 73 m2.

Estremas:

Perímetro exterior:

Norte (propietarios enumerados de oeste a leste segundo os datos catastrais): Concello de Ramirás: polígono 503, parcelas 1492 (María Sol Méndez Fernández), 1495 (Obdulia Vázquez Gayo), 1494 (María Elena Vázquez Alonso), 1504 (descoñecido).

Leste: estrada local.

Sur: estrada Fraguas-Pereira-Granxa.

Oeste: (propietarios enumerados de sur a norte): Concello de Ramirás (polígono 503, parcelas 1491 e 1490).

Segundo a certificación do Rexistro da Propiedade de Celanova, o dereito de dominio do predio descrito aparece a favor do lugar de Fraguas comunal do Concello, titular de pleno dominio da totalidade do predio por título de concentración parcelaria, formalizada segundo escritura do 31.8.2000, autorizada pola Notaría de Celanova (número de protocolo 540), segundo inscrición 1ª do tomo 794, libro 55, folio 82, con data 2.4.2003. A mesma certificación fai constar que o predio ten encravadas varias construcións.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados e indícaselles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 23 de outubro de 2013

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense