Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución de cancelación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente OU-PF-309/2011.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo que se xunta a cancelación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, número 79, 2º, 32003 Ourense.

De acordo co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, perante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 17 de outubro de 2013

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-PF-309/2011.

Interesada: Eliane de Almeida Silva.

Pasaporte: FB175726.

Enderezo: avenida de Sousas, nº 1, 1º C, Ourense.