Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44137

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

ANUNCIO do 4 de novembro de 2013 polo que se convoca un proceso para a elaboración de listas de agarda de profesor/a de aloxamento (rexeduría de pisos), profesor/a de aloxamento (recepción) e profesor/a de administración e finanzas.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. (Turgalicia) anuncia, mediante concurso ou concurso-oposición, a convocatoria para a elaboración de listas de agarda de profesor/a de aloxamento (rexeduría de pisos), profesor/a de aloxamento (recepción) e profesor/a de administración e finanzas no Centro Superior de Hostalaría de Galicia conforme o regulado na Normativa para a selección de persoal docente do antedito centro.

A) Convocatoria:

– Lista: profesor/a de aloxamento (rexeduría de pisos).

As funcións principais son, entre outras e baixo a dirección e supervisión do responsable do departamento: colaborar no deseño das materias relacionadas coa formación na área (incluíndo elaboración do material, impartición de clases e avaliación de alumnos).

– Lista: profesor/a de aloxamento (recepción).

As funcións principais son, entre outras e baixo a dirección e supervisión do responsable do departamento: colaborar no deseño das materias relacionadas coa formación na área (incluíndo elaboración do material, impartición de clases e avaliación de alumnos).

– Lista: profesor/a de administración e finanzas.

As funcións principais son, entre outras e baixo a dirección e supervisión do responsable do departamento: colaborar no deseño das materias relacionadas coa formación na área (incluíndo elaboración do material, impartición de clases e avaliación de alumnos).

Requisitos mínimos:

1. Ter nacionalidade española.

– Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea.

– Ser nacional de algún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais asinados pola Unión Europea e ratificado por España, sexa de aplicación á libre circulación de traballadores.

– Calquera que sexa a súa nacionalidade, tamén poderán participar os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da antedita idade dependentes.

– Ter residencia legal en España, no caso de tratarse de estranxeiros non incluídos nos puntos anteriores.

2. Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa, con base no disposto no artigo 56.1.c) da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do emprego público.

3. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

4. De conformidade co artigo 56.1.d) da Lei 7/2007, do 12 de abril, non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para acceso a corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás desempeñadas no caso de persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. En caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

Titulación mínima:

– Profesor/a de aloxamento (rexeduría de pisos).

Bacharelato ou titulación oficial equivalente. Formación específica na área de rexeduría de pisos. Polo que respecta aos títulos de diplomado, licenciado, doutor, e outros, obtidos no estranxeiro, deberán estar convenientemente validados.

– Profesor/a de aloxamento (recepción).

Titulación universitaria (oficial ou propia) con formación específica na área da praza. Polo que respecta aos títulos de diplomado, licenciado, doutor, e outros, obtidos no estranxeiro, deberán estar convenientemente validados.

– Profesor/a de administración e finanzas.

Licenciatura ou grao nalgunha das seguintes áreas: A.D.E./CC. empresariais ou CC. económicas. Polo que respecta aos títulos de diplomado, licenciado, doutor, e outros, obtidos no estranxeiro, deberán estar convenientemente validados.

B) Desenvolvemento do proceso.

As bases e a normativa polas que se rexerán os procesos poderán recollerse no rexistro de Turgalicia ou na páxina web www.turgalicia.es

C) Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

As solicitudes, dirixidas a directora xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, ao seguinte enderezo: Estrada Santiago-Noia, km 3, 15896 Santiago de Compostela, indicando no sobre a referencia do posto.

2008-30010 Profesor/a de aloxamento (rexeduría de pisos).

2008-30010 Profesor/a de aloxamento (recepción).

2004-30010 Profesor/a de administración e finanzas.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2013

María del Carmen Pita Urgoiti
Directora xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.