Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 9 de outubro de 2013, da Xefatura de Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente VP-C-24/12.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, emprazáse a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, piso 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 9 de outubro de 2013

Luis G. Eirís Puñal
Xefe de Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 24/12.

Denunciada: Eulogia Álvarez Muíños.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador en materia de vivenda.