Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 30 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a actualización do plan de restauración da explotación mineira El Pozo, número 24.

O artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xullo, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE número 143, do 13 de xuño), dispón que os plans de restauración se someterán ao trámite de información pública, durante trinta días hábiles.

ACORDO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución, a solicitude da empresa Canteras El Pozo, S.L. de aprobación da actualización do plan de restauración da explotación mineira El Pozo, número 24.

Para os efectos informativos, porase á disposición dos administrados que a soliciten a documentación correspondente ao proxecto para consulta, nas oficinas da Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña. As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á xefa territorial da Coruña, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Para iso, terán un prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña