Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44190

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (608/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

«Sentenza nº 238/2013.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2013

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 608/2013 seguidos por instancia de Beatriz Gómez Reino, representada pola letrada Rosa Martínez Ferreiro, contra a entidade Xestunor, S.L. e o Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre despedimento obxectivo.

Resolución:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Beatriz Gómez Reino, representado pola letrada Rosa Martínez Ferreiro, contra a entidade Xestunor, S.L. e o Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre despedimento obxectivo, e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 18,57 €/día) ou, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo, sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización, segundo o disposto no número anterior, sería de 5.311,02 €.

3. Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Dada, lida e publicada foi a anterior sentenza pola mesma xuíza que a subscribe. Dou fe».

E para que sirva de citación á demandada Xestunor, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2013

A secretaria xudicial