Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44163

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2013 pola que se modifica o prazo de xustificación establecido na Resolución do 18 de xullo de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

O 14 de agosto de 2013 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 18 de xullo de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

O artigo 20 da Resolución do 18 de xullo de 2013 establecía os seguintes prazos de xustificación:

1. A xustificación do anticipo do 50 % da subvención concedida a que se refire o artigo 21.1 deberá realizarse no prazo máximo dun mes a partir da transferencia dos fondos correspondentes.

2. Tras a xustificación do anticipo, a entidade poderá presentar xustificacións en función do ritmo de execución da acción subvencionada, que darán lugar a pagamentos á conta e que non poderán superar o 80 % da subvención concedida.

3. A xustificación do importe restante da subvención concedida tendo en conta os dous puntos anteriores terá como data límite de presentación o 30 de novembro de 2013. Non obstante, se existen cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade a data de xustificación (cotas do mes de novembro), estas terán como data límite o 30 de xaneiro de 2014.

Tendo en conta que a resolución de concesión se publicou o 31 de outubro de 2013, cómpre ampliar os prazos establecidos no artigo 20, de acordo con isto,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícanse os artigos 20.1 e 20.3 da Resolución do 18 de xullo de 2013, que quedan redactados do seguinte xeito:

1. A xustificación do anticipo do 50 % da subvención concedida a que se refire o artigo 21.1 deberá realizarse no prazo máximo dun mes a partir da transferencia dos fondos correspondentes, sempre e cando o dito prazo non supere do 20 de decembro de 2013, que é a data límite de presentación da xustificación.

3. A xustificación do importe restante da subvención concedida tendo en conta os dous puntos anteriores terá como data límite de presentación o 20 de decembro de 2013. Non obstante, se existen cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade a data de xustificación (cotas do mes de novembro), estas terán como data límite o 30 de xaneiro de 2014.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2013

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación