De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/121/2012, a Dolores Lomba Fortes, en relación coas obras consistentes na rehabilitación e ampliación de edificación, na rúa Bouzabella, 23, Panxón, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.
O expediente relacionado atópase á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
A interesada disporá dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2013
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

