Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44572

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2013 pola que se ordena publicar a decisión do xurado do premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago.

Á vista da proposta da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural sobre a convocatoria do premio Elías Valiña 2013, publicada pola Orde do 10 de xullo de 2013, ao esforzo revitalizador e promocional dos camiños de Santiago e estando conforme con esta en todos os seus termos,

RESOLVO:

1. Declarar deserto o XVIII premio Elías Valiña.

2. Facer a mención especial, prevista no número 1.5 da base reguladora, a Eligio Rivas Quintas.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria