Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 44924

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (208/2012).

Nº autos: execución de títulos xudiciais 208/2013.

Demandante: Uxía Elvira Otero Romero.

Abogada: María Lourdes Castelo Sesar.

Demandado: Yampier y Daniel, S.C.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 208/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Uxía Elvira Otero Romero contra a empresa Yampier y Daniel, S.C., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2013.

Presentado o anterior escrito por Uxía Elvira Otero Romero, únese á execución da súa razón.

Téñense por feitas as manifestacións contidas neste e álzase a suspensión da presente execución, e conforme prevén o artigo 238 da LPL, sinálase para comparecencia o día 10 de febreiro de 2014 ás 8.50 horas, co fin de resolver sobre a cuestión da ampliación da execución contra José Ramón Otero Ferreiro, interesada pola executante, e faise saber ás partes que deberán comparecer cos medios de proba de que intenten valerse.

Cítese a executante por fax, a Yampier y Daniel, S.C. polo DOG, a José Ramón Otero Ferreiro por correo certificado con notificación de recibo, e ao Fogasa a través de Lexnet.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Yampier y Daniel, S.C., para a comparecencia a celebrar o día 10 de febreiro de 2014 ás 8.50 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sita na Sala 3 da planta baixa do edificio dos xulgados, na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, expídese o presente edicto.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2013

A secretaria xudicial