Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 44952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de outubro de 2013 polo que se fai público o requirimento ditado no expediente de denuncia en materia de verteduras de augas residuais seguido contra Manuel Boullosa Canedo (clave DH.D15.43243).

O 7 de outubro de 2013 ditouse requirimento en materia de verteduras de augas residuais no expediente de denuncia de referencia seguido contra Manuel Boullosa Canedo (t.m. Santiago de Compostela).

Intentada a notificación do devandito acto por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento ao interesado e fáiselle saber que unha copia del se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado a partir do día desta publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, e presentar as alegacións que conveñan ao seu dereito.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia