Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica nos concellos de Santiago de Compostela e Boqueixón (expediente IN407A 211/2006).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I e anexo II modificado I ao proxecto LMTS, CTC, en Pumares (polígono A Susana).

Situación: concellos de Santiago de Compostela e Boqueixón.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude total de 9,070 km, con orixe en apoio metálico existente na LMTA existente 809 (Rocha-A Ponte Pedriña) entre a subestación e o CT A Ponte Pedriña (expediente 05/345), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) mm² Al, e final na cela de liña do CS Morteros de Galicia (expediente IN407A 2005/11).

No anexo I recóllense as seguintes modificacións:

• Modificación do número de tubos que se instalarán, co conseguinte cambio na profundidade das gabias que se realizarán.

• Modificación do trazado da liña de media tensión soterrada a 20 kV proxectada no interior do polígono A Susana entre os puntos nº 25 e nº 30, que pasa a ter unha lonxitude de 162 m, así como o cruzamento da estrada AC-960 A Susana-Vila de Cruces entre os puntos 23 e 24.

No anexo II recóllense as seguintes modificacións:

• Liña eléctrica soterrada, entubada baixo terra, coa orixe no paso aero-soterrado (punto 1) e final novo punto de acceso a rede na calzada de rúa da Pena (punto 2), cunha lonxitude de 4m.

• Liña eléctrica soterrada, entubada baixo calzada, con orixe en novo punto de acceso a rede na calzada de rúa da Pena (punto 2) e final novo punto de acceso a rede na calzada na mesma rúa (punto 3), cunha lonxitude de 78 m.

• Liña eléctrica soterrada, entubada baixo calzada, no tramo entre os puntos de acceso a rede proxectados na calzada da rúa do Monte do Seixo (punto 3 a 9), cunha lonxitude de 317 m.

• Liña eléctrica soterrada entubada, con orixe no punto 12 da rúa do Restollal, e final no punto 24 da avenida Santiago de Cuba (estrada N-525), cunha lonxitude total de 407 m, neste tramo proxéctanse dous cruzamentos mediante o método de perforación dirixida, o primeiro na rúa do Restollal (tramo 16-17, cunha lonxitude de 14 m) e o segundo na avenida de Santiago de Cuba (tramo 23-24, cunha lonxitude de 23 m).

• Liña eléctrica soterrada, baixo canalización existente, recollida no proxecto mellora enerx. Lamas de Abade e Castiñeiro (expediente IN407A 1996/289), entre os puntos 24 e 27, cunha lonxitude de 491 m.

• Liña eléctrica soterrada entubada, cun primeiro tramo entre os puntos 27 e 28 na avenida de Santiago de Cuba, total 30 m, onde cruzará sobre a liña de alta velocidade Ourense-Santiago-Coruña, cun segundo tramo entre os puntos 28 e 29, cunha lonxitude de 29 m, onde cruzará a dita avenida mediante o método de perforación dirixida, e un tramo final baixo calzada cunha lonxitude total neste tramo de 52 m entre os puntos 29 e 31, na travesía de Chaparra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de outubro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña