Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de novembro de 2013 pola que se notifica a incoación do expediente sancionador por infracción urbanística IU3/68/2011-SA1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 26 de setembro de 2013, incoar o expediente sancionador IU3/68/2011-SA1 a José Antonio Vázquez Pérez, en calidade de promotor das obras e propietario dos terreos onde se levaron a cabo as obras, como presunto responsable dunha infracción urbanística moi grave tipificada no artigo 217.2.b) da LOUG, pola construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Cortiña do Campo, A Pobra de San Xiao, no termo municipal de Láncara.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Unha vez transcorrido ese prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba e concretar os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística